Loading...
 

Precarios-Galicia

A Asociación Precarios-Galicia (PG) nace coa finalidade de defende-los dereitos laborais (seguridade social, paro, vacacións, prevención de riscos laborais,…) que se nos negan como traballadores e que, no mellor dos casos, se suplen con bolsas (oficialmente, axudas ó estudo, pero moitas das cales gravan en Facenda como “rendementos do traballo”). A nosa aspiración é que ningún investigador en formación traballe en precario, teña bolsa ou non.

Xunta de Representantes (segundo o acordado na asamblea extraordinaria do 23 de Abril de 2009).


Presidenta: Noelia Cotón (USC).

Vicepresidente: Joaquin Vierna (UDC).

Secretaria: Beatriz Blanco (USC).

Tesoureira: Lidia Martínez (UVigo).

Vogas: Cristina Gamallo (USC).

Representantes de PG na FJI: Beatriz Blanco e David García.

Portavoz: David García.

Representante de PG na comisión de medios da FJI: Beatriz Blanco.

Representante de PG na comisión de documentación da FJI: Noelia Cotón.

Próximos obxectivos (segundo o acordado na asamblea ordinaria do 23 de Abril de 2009):


  1. Intentarase crear charlas sobre a situación actual da carreira investigadora e o que pode ofrecer PG para a xente que comence neste mundo.
  2. Saber as intencións do novo goberno cara o plan Incite. Polo momento se supón que ata o 2010 non se pode cambiar ese programa. Pero a partir de ahí o poden cambiar, e dende logo, PG ten moitas uxerencias que facerlle o Incite ou como se chame a partir do 2010. Tamén hai que vixiar que as cousas non vaian a peor.
  3. Situación nas universidades. Intentar saber que dereitos ten cada investigador nas distintas universidades, e facer un informe o respecto, temas como, exención de pago de matricula se es contratado, en que grupos de representación entras (algúns contratados son PAS outros PDI, dereito de representación nos departamentos, xunta de facultade, cluastro...). Como se fan as convocatorias a cargo de proxecto, intentar a introducción duns mínimos en tódalas universidades.
  4. Intentarase meter a PG como asociación con representación na UDC e no Consello de Xuventude de Galicia (obviamente ninguen o mencionou, pero UVigo tamén é obxectivo). Dous puntos son claves aquí, tanto ter representación en tódalas universidades na sua toma de decisións, como poder ter un abanico máis grande para optar a diversas axudas para financiar a asociación.
  5. Aprobouse que a seguinte Asamblea (estipulase que unha boa data sería por Setembro) se faga na UDC.
  6. PG voltará colaborar con Iesga na organización na Facultade de Ciencias da UDC das xornadas de investigación que eles organizaron por primeira vez este ano.

Se estás interesado en formar parte de Precarios-Galicia: asóciate!


Vísita a nosa páxina web: http://www.precariosgalicia.org/

Lista de distribución de Precarios-Galicia:


Imprescindible para estar ó día do que se fai na asociación. Ten un tráfico moderado (media 20-30 mensaxes semanais). Un encargado reenvia as mensaxes máis interesantes das outras listas (info e estatal).

Páxina principal do grupo: http://es.groups.yahoo.com/group/precarios-galicia
Subscribirse: precarios-galicia-subscribe at yahoogroups.com - http://es.groups.yahoo.com/group/precarios-galicia/join

Page last modified on Tuesday 27 de October, 2009 14:45:14

Apúntate a la lista precarios-info

 

Colabora

  • Donar con tarjeta o PayPal: