Xunta pretende eliminar as axudas á investigación do Programa de Recursos Humanos do Plano Galego de I+D+i
textMuy buenas. Os dejo aquí el contenido de un correo que me ha llegado hace unos días, creo que es interesante que luchemos por esto. Si alguien está interesado que se ponga en contacto conmigo que les paso los documentos que hay que enviar. Un saludo.
"Compañeiras/os:
Segundo as declaracións do Conselleiro de Economía e Industria, validadas polo Presidente da Xunta no Consello da Xunta celebrado o día 23 de setembro, o investimento da Xunta na formación do persoal investigador da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010 circunscribirase á prórroga dos contratos outorgados en anos anteriores. Pretenden que non haxa, polo tanto, unha nova convocatoria das axudas dos programas María Barbeito, Ángeles Alvariño, Isidro Parga Pondal, Lucas Labrada e Isabel Barreto no ano 2010. Isto supón rematar coas posibilidades de financiamento autonómico da formación científica das persoas formadas no Sistema de universidades galegas (SUG).
Adxúntovos dous escritos (son iguais, un está dirixido ao Conselleiro de Economía e Industria e o outro ao Director Xeral de Investigación) que vos convido a presentar nos rexistros da Xunta. Informáronme de que o Xoves 28 de Outubro está prevista unha entrega colectiva de instancias nos seguintes rexistros:
Santiago de Compostela
Rúa dos Feáns, Nº 7, baixo
15706
A Coruña
Edificio Administrativo de Monelos
Praza Luis Seoane, s/n
15071
Vigo
Concepción Arenal, 8
36201
Pontevedra
Edificio Administrativo da Xunta
Campolongo
Para a visita do Papa ben que non escatiman en gastos.
Prégase difundirdes esta información. Grazas e saúdos."
Alexandre Rios Entenza
Grupo de Física Non Linear.
Departamento de Física da Materia Condensada