Loading...
 

Medios y noticias


A candidata nacionalista reuniuse en Santiago coa asociación Precarios Galicia

posts: 537

Xornal de Galicia

Ana Miranda reclama que Galicia xestione os fondos europeos

A candidata nacionalista reuniuse en Santiago coa asociación Precarios

Galicia.D.L / SantiagoActualizado 19/05/2009 - 00:17 h.

A cabeza de lista do BNG nas eleccións europeas do vindeiro 7 de xuño, Ana Miranda, reclamou onte que sexa a Xunta quen xestione “directamente” a distribución dos “fondos estruturais”, especialmente, di, “dos fondos FEDER relativos ao Fondo Tecnolóxico” da UE.

No transcurso dun encontro coa asociación ‘Precarios Galicia’, que agrupa a persoal investigador e técnico universitario non contratado, Miranda apuntou que o BNG demandará dende a Eurocámara que estes fondos “non se empreguen unicamente como axuda á industria”, senón tamén “para xerar emprego mediante a contratación de persoal investigador”.

Neste sentido, di Miranda, “o BNG trasladará ás institucións europeas, durante a negociación dos fondos”, que se iniciará o vindeiro ano, “a demanda de que a Comisión Europea teña en conta como feito diferencial a fuga de cerebros” que, en opinión da candidata nacionalista, “sofren nacións como Galiza”.

http://www.xornal.com/artigo/2009/05/18/galicia/ana-miranda-reclama-galicia-xestione-fondos-europeos/2009051823061310320.html

posts: 537

Ana Miranda mantivo un encontro coa asociación de persoal investigador e técnico non contratado Precarios Galicia, quen lle trasladaron a súa preocupación pola falta de recoñecemento social dos investigadores

A cabeza de lista do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda, mantivo esta tarde un encontro en Santiago, na facultade de Físicas con representantes da asociación de persoal investigador e técnico non contratado Precarios Galicia. Miranda asegura que O BNG demanda que os fondos europeos non se empreguen unicamente como axuda á industria senón tamén para xerar emprego mediante a contratación de persoal investigador.

Nesa liña, Miranda lembrou que o BNG demanda a xestión directa dos fondos comunitarios pola administración galega. “É preciso que o noso país xestione directamente a distribución e a xestión dos fondos estruturais, en especial dos fondos FEDER relativos ao Fondo Tecnolóxico”, asegurou a candidata do BNG, quen lembrou que no 2010 se revisa a asignación de todos os fondos -estruturais e de cohesión- que aporta a UE para despois do ano 2013.

“O BNG trasladará ás institucións comunitarias, durante a negociación dos fondos, a demanda de que a Comisión Europea teña en conta como feito diferencial a fuga de cerebros que sofren nacións como Galiza”, explicou.

Demandas do colectivo

O colectivo Precarios de Galicia, que representa a perto de 200 investigadores e investigadoras, trasladoulle á candidata as súas preocupacións, entre as que se inclúe a falta de recoñecemento social á figura do investigador. “Os investigadores e investigadoras galegos adoecen dunha situación laboral precaria. Faltan posibilidades reais de incorporarse ao mercado laboral”, sinala Miranda.

“O sistema industrial galego non está aínda capacitado de todo para absorber os investigadores que se forman nas nosas universidades, a pesar do traballo realizado desde a dirección xeral de I+D+i durante o pasado goberno através do Plano Incite”, explicou.

“A nosa sociedade debe preocuparse polo éxodo e fuga de cerebros dos investigadores galegos cara outros países europeos e cara os USA, co cal non se reintegra na industria galega o investido pola sociedade na súa formación”, di Miranda.

http://xornalgalicia.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=52842

Apúntate a la lista precarios-info

 

Colabora

  • Donar con tarjeta o PayPal: